12.06.2009
Actualidad 12.06.2009
Dna. Caridad González Cerviño é Deputada de Cultura, Educación e Patrimonio histórico artístico da Deputación da Coruña.
As actividades que agora presentamos son unha mostra da inquedanza que ten a Deputación Provincial da Coruña pola cultura e por conservar o noso patrimonio cultural.
![]() |
Dna. Caridad González Cerviño |
Durante máis de dous anos as actividades realizadas co proxecto Culturnova permitiron que os cidadáns de ambos os lados da fronteira gozaran dunha programación cultural de maior riqueza, destacando o Festival de Teatro Galaico Portugués, o Festival de Música Clásica na Coruña, Exposicións itinerantes (Exposición de Pezas de Ouro Vianense, Arte contemporánea galega ..) así como seminarios e debates nos que técnicos municipais, arquitectos, artistas ou profesionais do ámbito do audiovisual tiveron a oportunidade de intercambiar experiencias e contribuír ao desenvolvemento dun espazo cultural común.
© 2008 Diputación de A Coruña|
RSS|Aviso legal