12.06.2009
Actualidad 21.11.2008
O seminario terá lugar o día 24 de novembro no Auditorio da
fundación Paideia (Praza de María Pita, 17).
Os equipamentos xeradores de intelixencia e creatividade, por transmitir coñecemento, posibilitan oportunidades para producir e atraer talento. Este capital intelectual é o estímulo máis importante para transformar o tecido urbano con criterios de calidade ambiental, no natural e o construído.
Durante unha xornada proponse reflexionar nesta capacidade rexeneradora dos espazos culturais, dende a contextualización e a análise dos distintos factores que contribúen a dinamizar o ámbito urbano. A xornada reunirá profesionais de diversas disciplinas para reflexionar e debater sobre os procesos de interacción continua que se establecen entre cultura/coñecemento, cidade e sociedade.
© 2008 Diputación de A Coruña|
RSS|Aviso legal